Thursday 09 de May de 2024

O sábado inaugúrase un novo museo municipal no Castelo de Santa Cruz


Obxectomanía é o suxestivo título que encabezará a nova exposición permanente de arte do Castelo de Santa Cruz. Unha nova iniciativa municipal para divulgar os importantes fondos artísticos públicos e achegalos á cidadanía. O acto de inauguración será o vindeiro sábado, día 1 de abril, ás 7 da tarde.

As salas do Castelo que antes ocupaba a biblioteca medioambiental recentemente trasladada ao Pazo de Lóngora estarán ocupadas agora por esta exposición permanente con vocación de ser “unha historia singular do coleccionismo”, segundo reza na súa definición.

As salas estarán divididas en 4 seccións: A arte de coleccionar arte, Tesouriños celestiais: as coleccións de arte sacro, unha sección étnica e por último a chamada Cámara das Marabillas. En total forman un conxunto de 99 pezas agrupadas en torno ás distintas series.